RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Veteranos xogan o sábado na Grela 2 en favor da Cocina Económica

Os Veteranos do RC Deportivo disputarán o vindeiro sábado 17 de decembro a sexta edición do Torneo "Por una victoria contra el hambre", un triangular benéfico no que tamén participarán o organizador, Club Deportivo Cristal, e o Ural de Veteranos.

O campo da Grela 2 acollerá os encontros a partir das 10.30, abrindo o torneo o plato forte, o enfrontamento entre Deportivo e Ural. Ás 11.45 enfrontaranse Cristal e Deportivo, mentres que ás 13.00 comezará o choque entre Cristal e Ural. Ás 14.00 realizarase a entrega de trofeos.

Todos os asistentes poden levar alimentos non perecedoiros que serán destinados á Cocina Económica de La Coruña e en función da súa achega entrarán no sorteo de premios.