RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano márchase "moi ilusionado co que vin" pero á vez "moi fodido pola derrota"

Óscar Cano subliñou na sala de prensa de Valdebebas que "mentres estivemos 11 contra 11 e mesmo contra 10, aínda que teñen para sentenciar porque son xogadores que moitos deles estarán na elite, o Deportivo presentou esas credenciais que eu quería ver para animarme a pensar que este equipo no mes de maio ou de xuño vai ascender de categoría".

O técnico branquiazul destacou que o seu equipo "xogou con moitísima personalidade nun escenario que non é fácil" e "o respecto que eles nos tiveron na confección da convocatoria e da 11 inicial".

Insiste en que "xogando así, todos os resultados vindeiros ou moitos deles van ser positivos. Hoxe o equipo estivo moi ben. Un 10 para os rapaces e transmitirlles a #ANOSAFORZA que este é o camiño. Xogando así se perde moi pouquiño. Dimo a experiencia. Levo 22 anos adestrando e hai tempo que non vexo a un equipo meu con esta personalidade, xogando nun escenario tan complicado".

Extrae "moitas consecuencias positivas. Obviamente habería erros como sempre neste deporte, que trataremos de poñerlle solución se vemos que iso se pode dar noutro partido. A pelota foi nosa, o equipo progresou, o equipo creou perigo neste escenario tan complicado e xogou con moitísima personalidade. Cando vexo un equipo que non está cohibido, no que os seus centrocampistas xeran moito fútbol... Hai un volume de fútbol moi interesante que nos vai a dar moitísimas vitorias porque o que si ten este equipo é moito gol escondido. Ten Quiles, Kuki, Mario cando acerte... Levo 2 partidos aquí e os 2 partidos déixanme a sensación de que Mario podería levar 6 goles perfectamente".

Óscar Cano recalca que "non me preocupa nada. Este equipo vai ascender. Voume moi ilusionado co que vin, moi fodido pola derrota porque non lle puidemos dar a #ANOSAFORZA o que merece pero non vexo nada que me faga presaxiar que este equipo non poida estar noutra categoría".

Admite que na primeira parte "estivemos moi dubitativos. Non axustamos nese perfil de Álvaro, de Arribas... Custounos pechar. Pero a partir do seu gol o equipo tivo personalidade. Até a expulsión estivemos moi dominadores, o campo inclinouse de maneira importante e despois a expulsión condiciónache. Pero aínda condicionándoche e sabendo que van ter unha ou dúas claras porque estás con 10 e tes que ir a polo partido, Mario tivo un par delas, houbo unha clarísima de Kuki... Estou moi contento co que vin".

Conclúe o adestrador branquiazul que se marcha "satisfeito con moitas das cousas que vin. Os adestradores temos que ter unha visión moito máis profunda do que ocorreu. E a visión é notoria: o equipo dominou, tívoa, foi capaz de someter a un Castilla que case sempre somete. Esas cousas convídanme a ser optimista, pero feliz non estou. Ninguén está feliz despois dunha derrota e menos eu".