RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Parón ligueiro esta fin de semana para 5 equipos de #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana de Entroido non teñen competición 5 equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Retornan á liga o Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A, que a pasada semana tiveron parón debido aos compromisos das seleccións galegas.

De todos eles, Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00), Xuvenil A (sábado ás 16:30) e Cadete B (sábado ás 11:30) xogan en Abegondo.

Para estes dous últimos choques, os socios teñen libre acceso. O público ten que pagar 3 euros.

Compiten lonxe de Abegondo o Fabril (domingo ás 12:00 en Madrid ante o AD Unión Adarve); Xuvenil B (sábado ás 16:30 en Redondela), Cadete A (sábado ás 17:50 en Ferrol) e Infantil A (sábado ás 16:00 en Ourense).

O filial xógase outra final no barrio madrileño de El Pilar ante un rival directo, un AD Unión Adarve que ocupa actualmente a praza de promoción de descenso, con 26 puntos, 8 máis que os fabrilistas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
27ª xornada: AD UNIÓN ADARVE - FABRIL, o domingo 3 de marzo ás 12:00 no campo García da Mata (Madrid)
Clasificación: ... 15. Las Palmas Atlético, 29 puntos; 16. AD Unión Adarve e Burgos CF, 26 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 22 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 20. Fabril, 18 puntos

Categoría feminina
22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD TORDOIA, o domingo 3 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 59 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 55 puntos...

Categoría xuvenil
25ª xornada: XUVENIL A - DEPORTIVO ROCES, o sábado 2 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo e Ural CF, 41 puntos; 6. Real Oviedo, 39 puntos; 7. Xuvenil A, 38 puntos; 8. Bansander, 33 puntos...

24ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL B, o sábado 2 de marzo ás 16:30 en Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 45 puntos; 4. Xuvenil B, 42 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 40 puntos; 6. CD Choco, Pabellón Ourense CF, Racing Villalbés e CD Areosa, 38 puntos...

Categoría cadete
24ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE A, o sábado 2 de marzo ás 17:50 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 63 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 56 puntos; 3. Ural CF, 48 puntos...

24ª xornada: CADETE B - VICTORIA CF B, o sábado 2 de marzo ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 43 puntos; 4. Cadete B, 41 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 39 puntos; 7. CD Calasanz B, 38 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: OURENSE CF - INFANTIL A, o sábado 2 de marzo ás 16:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 18 puntos; 2. Bertamiráns FC e Ourense CF, 14 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 75 puntos; 2. Ural CF B, 68 puntos...

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo, grupo norte: 1. Alevín A e Victoria CF A, 9 puntos; 3. CD Calasanz A (un partido menos), SD Residencia A e Ural CF A, 6 puntos...

Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, Ural CF C e CD Calasanz C, 9 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF C, 6 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. CD Calasanz A, 34 puntos; 3. Victoria CF A, 33 puntos...

Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, Compañía de María A e CD Calasanz B, 9 puntos; 4. Santa María del Mar A, 7 puntos; 5. ED Luis Calvo Sanz C, Ural CF B e Victoria CF B, 6 puntos...