As probas médicas realizadas a Bicho relevan que o canteirán deportivista sofre unha lesión muscular de grao 2 no recto anterior dereito.
O atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia, con repouso deportivo.
Segundo ditamine a súa evolución, Bicho iniciará a continuación a etapa de readaptación, baixo a batuta do readaptador Fran Molano.