RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Jaime Sánchez

Após as probas médicas realizadas, os Servizos Médicos do RC Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron que Jaime Sánchez sofre unha lesión muscular no seu aductor dereito.

O central branquiazul viuse obrigado a retirarse do adestramento do pasado sábado en Abegondo e xa non puido entrar na lista de convocados para o partido en Majadahonda.

Jaime estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, en función da súa evolución, comezar a continuación un plan de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.