RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Jone Ibáñez

Jone Ibáñez viuse obrigada a abandonar o terreo de xogo onte en Abegondo na segunda metade do partido do Deportivo ABANCA ante o CD Parquesol.

As probas médicas ás que inmediatamente foi sometida a centrocampista branquiazul confirmaron unha escordadura de nocello.

Así pois, Jone estará uns días en repouso deportivo, con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, comezará a continuación a fase de readaptación física, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.