RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Letti Sevilla

Letti Sevilla viuse obrigada a pedir o cambio no amigable de onte mércores en Asturias ante o SD Eibar a consecuencia dunhas molestias nun xeonllo.

Esta mañá, os Servizos Médicos do RC Deportivo confirmaron que a centrocampista branquiazul sofre unha escordadura do ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito.

Letti Sevilla estará os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia; e en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.