- Foto: Susi García -
Manuel Pablo e Lucas foron sometidos hoxe a probas médicas e avaliados posteriormente polo traumatólogo do Club, Rafael Arriaza.
Manuel Pablo presenta unha lesión muscular grao 1 no bíceps femoral da coxa dereita. O lateral deportivista lesionouse na primeira metade do partido final do Trofeo Teresa Herrera, en Riazor ante o Sporting de Xixón.
Pola súa banda, Lucas sofre unha lesión muscular grao 1 no recto anterior do cuádriceps esquerdo. O atacante coruñés sentiu unhas molestias no adestramento de onte martes en Abegondo.
Ambos os futbolistas empezan tratamento fisioterápico e repouso relativo, para incorporarse segundo a súa evolución aos adestramentos co grupo.