RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Partido ligueiro mañá para Fabril, Cadete B, Infantil A, Alevín B e Benjamín B

  Mañana domingo, o Fabril, terceiro na táboa da Terceira División con 13 puntos, visita ao Rápido de Bouzas, segundo clasificado con 14 puntos. O choque será ás 18.00 horas no campo Baltasar Pujales de Bouzas.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Anxo, Ramón, Quique Fornos, Hugo Díaz, Arnau, Lucas, Naveira, Hugo Rama, Jorge, Álvaro, Óscar, Borja Galán, Borja Domingo, Alex Corredera, Jardel e Blas.
 
Tamén teñen partido mañá domingo, esta vez na Coruña, o Cadete B e o Infantil A, ambos no campo da Grela 1.
 
O Alevín A, Alevín B e Benjamín B do Deportivo arrincan este fin de semana os seus respectivos campionatos ligueiros. Desta forma, todos os equipos da canteira deportivista están xa en competición oficial.
 
A xornada iniciouse onte venres 7 de outubro, día festivo na cidade da Coruña, cun interesante partido entre o Infantil B e o Imperátor, que chegaban ao partido colíderes do grupo 1º da Primeira Autonómica con 12 puntos de 12 posibles. Gañou con xustiza o Infantil B (2-0) e accede en solitario ao liderado.
 
Xogaron en Abegondo hoxe sábado 8 o Xuvenil A (5-2 ao Santiago de Compostela), Xuvenil B (4-1 ao Racing Vilalbés) e Cadete A (4-1 ao Bergantiños). 
 
Descansa nesta xornada o Deportivo Feminino B, cuxo rival, o Bértola Feminino, retirouse da competición.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 9 de outubro ás 18.00 no campo Baltasar Pujales de Bouzas (Vigo)
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: XUVENIL A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 2
 
Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Armas -2-, Valín e Vermello) - RACING VILALBÉS 1
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CADETE A 4 (Ernesto, Borja, Miguel e Pichu) - BERGANTIÑOS 1
 
Liga Galega, grupo 1º: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF - CADETE B, o domingo 9 de outubro ás 12.00 na Grela 1
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF - INFANTIL A, o domingo 9 de outubro ás 10.00 na Grela 1
 
Primeira Autonómica, grupo 1º, xogado onte venres: INFANTIL B 2 (Lombao e Matías) - IMPERÁTOR 0
 
Categoría Alevín
 
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, primeira xornada: RAIO SADENSE A 1 - ALEVÍN A 4 (Noah, Domínguez -2- e Javi Barral)
 
Segunda Comarcal A Coruña, primeira xornada: ALEVÍN B - IMPERÁTOR B, o domingo 9 de outubro ás 13.00 horas en La Torre (1.2)
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal A Coruña, segunda xornada: BENJAMÍN A 9 (Alex -2-, Jairo -2-, Carlos, Bruno, Eli, Sergio e Dani) - ORILLAMAR A 0
 
Segunda Comarcal A Coruña, primeira xornada: BENJAMÍN B - LUÍS CALVO C, o domingo 9 de outubro ás 12.00 en La Torre