RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paseo por Segovia pola mañá e adestramento pola tarde

O Dépor pasará mañá venres o día na concentración de Los Ángeles de San Rafael (Segovia).

Pola mañá, a expedición branquiazul terá un paseo matinal ás 11:00 en Segovia, a capital distante apenas 20 minutos do cuartel xeral deportivista.

Trala comida, ás 19:00 horas, Natxo González dirixirá unha nova sesión de adestramento no céspede do complexo, xa coa mente posta na visita ao Alcorcón, prevista para o sábado 15 de setembro ás 20:00 horas (LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 5ª xornada de LaLiga 1|2|3.