RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Paula Gutiérrez ve ás fichaxes de moitísimo nivel e un grupo moi unido

Paula Gutiérrez manifestou após a XI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino que "xogar en ABANCA-RIAZOR é unha pasada. #ANOSAFORZA nunca falla. Estamos encantadas que se nos abran as portas. Agradecer á xente que veu, que sempre nos apoia e non nos deixa soas".

Goleadora ante o Deportivo Alavés, lembra que desde a súa chegada ao Club "é a primeira vez que gañamos o Trofeo sen a quenda de penaltis e era o obxectivo de todas, ademais de sumar bos minutos, coller sensacións; pero sobre todo levarnos o torneo".

Finalmente, Paula Gutiérrez asegura que "todas as novas xogadoras teñen moitísimo nivel, veñen sumando, acollémolas da mellor maneira que podemos, o grupo está moi unido e hai moi bo ambiente".