RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Presentada a proposta de Ampliación de Capital Social do Deportivo

O presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández, acompañado polo Conselleiro do área económica, Enrique Calvete e o asesor jurídico, Óscar Rama, presentó esta mañana en rolda de prensa os detalle

Podes descargar aquí o documento que recolle os puntos tratados na presentación desta mañá.

En caso da súa aprobación en Xunta, non facelo constituirá  causa  de resolución  do Acordo Singular subscrito coa AEAT o 7 de marzo de 2014, o prazo máximo de desenvolvemento é de 25 meses.

Este período dividirase en cinco fases de 5 meses cada unha: as dúas primeiras (do 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de maio de 2015 e do 1 de xuño de 2015 ao 31 de outubro de 2015) dirixidas a accionistas actuais, a terceira (do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2016) a socios, a cuarta (do 1 de abril de 2016 ao 31 de agosto de 2016) a empresas colaboradoras e a quinta de libre acceso).

A operación ten como importe máximo 7.819.971,60 € (se se cobre nas dúas primeiras fases), sendo esta a cifra idéntica ao capital social actual, divido en 150.118 accións de 60, 10 € cada unha; ou 6.000.000 de en € caso de chegar ás fases 3, 4 ou 5.

O presidente do Deportivo afirmou que "a ampliación de capital está dirixida principalmente ao deportivismo, ao noso propio ecosistema: accionistas, abonados e colaboradores do Club para manter a idea de 'capitalismo popular'. Somos moitos os que somos propietarios do Deportivo e penso que despois desta ampliación seremos aínda máis deses 23.014 actuais"

Tino Fernández cre que: "vai ser un éxito, pero en parte depende de como o contemos entre todos. Porque non será un éxito do Consello, será un éxito do deportivismo, porque este é diñeiro para o Deportivo, que o necesita por todos os lados. Contarémolo en todas partes para convencer a todo o mundo de que isto é bo, que é un orgullo ser accionista do Deportivo. Todos os que sintan o Deportivo teñen que estar connosco nesta operación. Esa é a idea que ten que quedar clara: isto é para o noso querido Deportivo, que necesita diñeiro".

Absolutamente todos os detalles da ampliación de capital están a disposición dos accionistas na sede do Club, no documento número 7 dos 9 aos que teñen acceso de face á Xunta do próximo día 25, na que a que esta proposta se someterá a exame e aprobación no 5º punto da orde do día.