RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira semana de traballo de 2022 para o Dépor ABANCA previa á súa visita ao RCD Espanyol

O Deportivo ABANCA terá unha semana longa de traballo, a primeira do ano 2022, antes de visitar ao RCD Espanyol o sábado 8 de xaneiro ás 12:00 (pendente de confirmación oficial) na Ciudad Deportiva Dani Jarque (Sant Adrià de Besòs).

O corpo técnico branquiazul encabezado por Miguel Llorente e Ana González dispuxo cinco sesións de traballo desde hoxe luns pola tarde na Cidade Deportiva previas a esta cita correspondente á 13ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 3 de xaneiro
17:00 h

Martes 4 de xaneiro
11:30 h.

Mércores 5 de xaneiro
11:30 h.

Xoves 6 de xaneiro
11:30 h.

Venres 7 de xaneiro
11:30 h.

Sábado 8 de xaneiro
12:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Dani Jarque