RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Primeiras dúas citas do canteirán Sergio Bernárdez coa selección española sub-15

Foto: - www.sefutbol.com -

O canteirán branquiazul Sergio Bernárdez está concentrado coa selección española sub-15 no Torneo Sportchain AGS Cup, competición que se disputa na localidade alacantina de Alfaz do Pi durante toda esta semana.

No primeiro partido disputado onte, Sergio foi titular e xogou completo o encontro ante Irlanda do Norte, que acabou con triunfo (1-0) hispano grazas ao gol de Manuel Morán no minuto 60.

Hoxe martes, España goleou a Arabia Saudita (0-4) na localidade alacantina de Polop; con motivo da segunda xornada. Nesta ocasión, Sergio presenciou o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Mañá mércores (16:00), o combinado dirixido por Julen Guerrero terá como rival na terceira xornada á República Checa, en Alfaz do Pi.

O calendario de España nesta competición de carácter amigable é o seguinte:

Luns 3 de decembro
ESPAÑA 1 - IRLANDA DO NORTE 0

Martes 4 de decembro
ARABIA SAUDITA 0 - ESPAÑA 4

Mércores 5 de decembro
16:00: REPÚBLICA CHECA - ESPAÑA, en Alfaz do Pi

Venres 7 de decembro
16:00: ESPAÑA - RUSIA, en Altea

Domingo 9 de decembro
12:00: ESPAÑA - MÉXICO, en Benidorm

O mediocentro coruñés, que xa estivo citado para as sesións de adestramentos dos meses de outubro e novembro, milita esta temporada no San Tirso SD de División de Honra cadete, en virtude do convenio asinado por ambos os clubs.