RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro ensaio xeral do plan de partido para o Córdoba CF e continuar "un camiño moi bo"

Cun partido 11 contra 11, Óscar Cano realizou esta mañá no campo 2 de Abegondo un primeiro ensaio xeral de cara ao partido ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR deste sábado 3 de decembro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv), correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Uns exercicios de posición e unha tarefa de finalizacións para os dianteiros completaron unha chuviosa mañá sobre o céspede da instalación branquiazul.

"O camiño que estamos a seguir é moi bo", asegurou en rolda de prensa esta mesma mañá uno dos capitáns, o gardameta coruñés Ian Mackay.

Borja Granero e Diego Villares realizaron parte do adestramento co grupo e parte co readaptador, Álex Canosa; mentres que Dani Barcia e Brais Val foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, #OsNosos están citados de novo ás 9:00 na Cidade Deportiva para saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.