RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiros podios, hoxe en Lugo, nos torneos amigables de #ANOSACANTEIRA

Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín abriron hoxe luns 11 de abril unha Semana Santa pragada de competicións amigables en #ANOSACANTEIRA, ás que hai que sumar a participación dun equipo cadete do Club e o Xuvenil B no Torneo da Real Sociedad; e doutro equipo cadete na Oviedo Cup.

Medallas de prata en Lugo hoxe luns

Os dous conxuntos fabrilistas competiron hoxe luns no Torneo de Semana Santa que organizou o ADC Sagrado Corazón nos campos José María Rodríguez Lago (As Gándaras, Lugo).

Ambos os equipos estiveron a gran nivel e foron brillantes subcampións. Ademais, Iker Obeso foi o mellor xogador en categoría alevín e Brais Araújo o mellor porteiro en benxamíns.

O Fabril FC Alevín quedou emparellado no grupo B da Primeira Fase co CD As Pontes, UD Ourense e ACD Piringalla.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase

FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo, Antón e Thiago Montes) - CD AS PONTES 0
UD OURENSE 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Íker Obeso -2-, Yael López e Javi Barral) - ACD PIRINGALLA 1

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Íker Obeso -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso -2-) - UD OURENSE 0

Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Yael López -2-) - PABELLÓN OURENSE CF 4

Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín tivo a estes rivais no grupo B da Primeira Fase: SDCyR Naron O Freixo, ADC Sagrado Corazón e ED Xuventude de Oroso.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SDCyR NARÓN O FREIXO 0
ADC SAGRADO CORAZÓN 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Hugo Quintela -2-, Miguel Candal -2- e Thiago López)
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Thiago López) - URAL ESPAÑOL CF 0

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Thiago López -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal) - PABELLÓN OURENSE CF 7

O Alevín A xoga mañá martes o Torneo do Erizana CF en Baiona

O Alevín A branquiazul participa esta semana Santa, concretamente mañá martes 12 de abril, na X edición do Torneo que organiza o Erizana CF de Baiona (Pontevedra) no campo de fútbol Val do Martín.

O conxunto branquiazul terá estes rivais na Primeira Fase: UD Ribeira, AD Vila do Corpus e Racing de Ferrol.

O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:

10:25: ALEVÍN A - RACING DE FERROL
11:15: AD VILA DO CORPUS - ALEVÍN A
12:30: UD RIBEIRA - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados e o tres mellores terceiros do seis grupos accederán a oitavos de final, que se xogan a partir das 14:00 horas.

Un equipo cadete do Dépor e o Xuvenil B viaxan a Zubieta

Un equipo cadete do Dépor e o Xuvenil B disputarán a 36ª edición do Torneo Internacional da Real Sociedad.

O Xuvenil B quedou emparellado na Primeira Fase co CA Osasuna e a Real Sociedad.

O calendario de partidos é o seguinte:

Sábado 16 de abril
16:00: XUVENIL B - REAL SOCIEDAD
17:00: PERDEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO - CA OSASUNA
18:00: GAÑADOR DO PRIMEIRO PARTIDO - CA OSASUNA

O domingo 17 de abril xógase a Segunda Fase, segundo clasificación; e o luns 18 a xornada final.

Pola súa banda, o equipo Cadete ten como rivais iniciais ao Real Madrid CF, Real Sociedad e CD Kostkas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Sábado 16 de abril
11:00: CADETE - REAL MADRID CF
17:00: CADETE - REAL SOCIEDAD

Domingo 17 de abril
16:00: CADETE - CD KOSTKAS

O luns 18 de abril xogarase a xornada final, na que o primeiro de grupo loitará polo título; o segundo, polo terceiro e cuarto posto; o terceiro, polo quinto e o sexto; e o cuarto, polo sétimo e o oitavo.

A Oviedo Cup 2022 contará cun equipo branquiazul

A Oviedo Cup 2022 contará esta Semana Santa cun representante branquiazul en categoría cadete.

Na Primeira Fase, o Dépor medirase ao Sporting de Gijón, ADU Carrascal e CE L'Hospitalet, con este calendario:

Xoves 14 de abril
15:30: DEPORTIVO - CE L'HOSPITALET, no campo 1º das Instalacións Deportivas Hortensio Fernández 'Tensi'

Venres 15 de abril
11:30: DEPORTIVO - ADU CARRASCAL, no Estadio Manuel Díaz Veiga
18:45: SPORTING DE GIJÓN - DEPORTIVO, en El Berrón

Os dous primeiros de grupo clasifícanse para a Fase de Ouro; o terceiro para a Fase de Prata; e o cuarto para a Fase de Bronce, todo iso a partir do sábado 16 de abril e en formato de liga a unha soa volta.

Tripla representación deportivista na IberCup de Portugal

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA (Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín), participan nesta semana Santa na IberCup de Estoril (Portugal).

O Infantil quedou encadrado na Primeira Fase no grupo F, con estes rivais: CD Panther Force, CF Os Unidos e GD Estoril Praia B.

O calendario inicial é o seguinte:

Mércores 13 de abril
15:55: INFANTIL - CD PANTHER FORCE, no campo de Jamor (Oeiras)

Xoves 14 de abril
18:00: INFANTIL - CF OS UNIDOS, en Estoril

Venres 15 de abril
10:45: GD ESTORIL PRAIA B - INFANTIL, en Trajouce

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o Benxamín A mídese no grupo C da Primeira Fase a CF Os Belensenses A, CF Os Unidos, FC Outurela e SL Olivais.

O calendario é o seguinte:

Mércores 13 de abril
17:15: BENXAMÍN A - CF OS BELENENSES A, en Jamor

Xoves 14 de abril
14:45: CF OS UNIDOS - BENXAMÍN A, en Jamor
16:25: BENXAMÍN A - SL OLIVAIS, en Jamor

Venres 15 de abril
10:35: FC OUTURELA - BENXAMÍN A, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín medirase no grupo C da súa categoría ao Portimonense SC, SL Olivais e Associaçao da Torre; con este calendario:

Mércores 13 de abril
16:25: FABRIL FC BENXAMÍN - PORTIMONENSE SC, en Jamor

Xoves 14 de abril
16:25: FABRIL FC BENXAMÍN - SL OLIVAIS, en Jamor

Venres 15 de abril
11:30: ASSOCIAÇAO DA TORRE - FABRIL FC BENXAMÍN, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.