RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Punto e final con bo balance á Dépor Xira Integral Motion 2022

O Bergantiños CF puxo en Ponte dos Brozos o punto e final á Dépor Xira Integral Motion 2022.

Vilalba e Arteixo en dúas ocasións cada unha; Viveiro e ABANCA-RIAZOR foron os escenarios dos partidos, retransmitidos en directo a través da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Co equipo en construción, a masiva presenza de canteiráns foi unha das tónicas do verán: Yeremay, Dani Barcia, Mella, Martín Ochoa, Marcel, Puerto, Tim... foron algúns dos protagonistas de #ANOSACANTEIRA.

De entre todos os marcadores sobresae o 7-1 ante a SD Ponferradina, de Segunda División, no terceiro choque do verán disputado na Magdalena de Vilalba.

O balance é de cinco partidos gañados e un empatado ante o Real Madrid Castilla, aínda que resolto na quenda de penaltis con derrota.

Quiles, con 7 goles, foi o pichichi do verán. O dianteiro andaluz levou ademais o Trofeo Estrella Galicia ao mellor xogador do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv.

Séguenlle Santamaría -4 dianas-; e Víctor Narro e o canteirán Martín Ochoa con 2 cada un.

Jaime, Yeremay, Raúl Carnero, Mario Soriano e Tim Caroutas tamén viron porta con 1 gol.

Agora arranca a liga, o sábado 27 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o DUX Internacional de Madrid.

Os resultados da temporada branquiazul foron os seguintes:

Atlético Arteixo 0 - RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime)
Racing Villalbés 1 - RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano)
RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) - SD Ponferradina 1
RC Deportivo 0 - Real Madrid Castilla 0. A penaltis: 5-6
RC Deportivo 4 (Quiles -3- e Víctor Narro) - FC Metalist Kharkiv 2
RC Deportivo 2 (Quiles e Santamaría) - Bergantiños CF 1