RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación para os titulares onte en Albacete e alta intensidade para o resto

Os futbolistas titulares onte no Carlos Belmonte tiveron esta tarde en Abegondo, nada máis regresar de Albacete (vía Madrid), unha sesión de recuperación, cun quecemento, fútbol-tenis, ximnasio e paso pola padiola de masaxe.

Quedaron no vestiario David Simón, Edu Expósito e Fede Cartabia, este pendente de avaliación médica no seu nocello dereito tocado onte na segunda parte do choque ante a 'Alba'.

Para os demais integrantes do primeiro cadro houbo ademais no campo 3 fútbol en espazo reducido, de alta intensidade; e un circuíto físico con finalizacións.

Christian Santos realizou unha parte co grupo e outra co readaptador, Fran Molano.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O cadro está citada de novo na Cidade Deportiva o luns 20 de agosto ás 10:30.