''Recuperamos un xogador que para nós será importante'', di Garitano sobre Joselu
Gaizka Garitano valorou na sala de prensa do Estadio Benito Villamarín o regreso de Joselu aos terreos de xogo, tras disputar hoxe o dianteiro galego o tramo final do encontro de Copa: "Recuperamos a un efectivo máis no persoal, un xogador que para nós será importante".
Do partido copeiro ante o Betis, o técnico deportivista subliñou que "cometemos un erro no primeiro gol e despois non pasa nada máis. Pasa o que pasa na área contraria pero hoxe non soubemos definir para conseguir un gol que fose importante".