RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada de hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA estivo focalizada no choque en Abegondo entre o Xuvenil A e o Real Racing Club, terceiro clasificado, na penúltima xornada da División de Honra.

Co RC Celta xa campión, os pupilos de Manuel Pablo necesitan sumar todos os puntos en xogo para tentar clasificarse tamén para a Copa de Campións como o mellor segundo do sete grupos.

O Xuvenil A gañou (2-1) cun dobrete de Padín e deberá agardar a unha derrota do Granada CF nos dous partidos que lle restan no seu grupo IV.

A esa mesma hora e tamén na Cidade Deportiva, o Alevín venceu (8-0) ao ED Luis Calvo Sanz no duelo dos dous primeiros clasificados do subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Fóra de casa xogaron, e gañaron, o Orzán SD Xuvenil Feminino en Tordoia (2-2), o Orzán SD Infantil Feminino (0-1) en Meis ante o Umia CF; e o Infantil en Santiago (2-4) fronte ao Victoria FC.

Onte sábado, o Cadete empatou co RC Celta (1-1) en Abegondo en #ONOSODERBI da última xornada da Fase polo Título da División de Honra.

Ambos os equipos quedaron igualados con 24 puntos na cabeza da clasificación aínda que por diante os célticos, xa que no choque da primeira volta disputado en Vigo venceron os locais por 3-1.

Agora, o Cadete medirase en semifinais ao terceiro clasificado, San Tirso SD, CD Conxo Santiago ou ED Val Miñor Nigrán, a partido único en Abegondo. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

Tamén onte, no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña, o Orzán SD Cadete Feminino volveu derrotar (5-0) ao Victoria CF no partido de volta da final da liga Galega. Na ida o triunfo foi claro para as orzanistas: 5-1. Por conseguinte, as orzanistas proclámanse con toda xustiza campioas de Galicia nesta categoría.

Ademais do Fabril FC Alevín e Benxamín na Torre clasificados para a Fase Intermedia do Campionato Galego do próximo sábado en Narón, o Xuvenil B visitou (3-0) ao Arosa SC na súa pelexa co RC Celta B polo título da liga Nacional.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 8ª xornada: SD TORDOIA 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Laura Santos e Daniela Agilda)

Final da liga Galega Cadete, volta: ORZÁN SD CADETE FEMININO 5 (Mica Baratelli, Laura Otero -2- e Lucía Rivas -2-) - VICTORIA CF 0. Na ida: 5-1

Fase polo Título Galego, 10ª xornada (última): UMIA CF 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 1 (Valeria Montero)

Categoría xuvenil
División de Honra, 33ª xornada: XUVENIL A 2 (Padín -2-) - REAL RACING CLUB 1

Liga Nacional, 32ª xornada: AROUSA SC 3 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
Fase polo Título da División de Honra, 8ª xornada: CADETE 1 (Pablo Parada) - RC CELTA 1

Categoría infantil
Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte, 7ª xornada: VICTORIA FC 2 - INFANTIL 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 9ª xornada: ALEVÍN 8 (Gabri -2-, Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Raúl) - ED LUÍS CALVO SANZ 0

Segunda Fase A Coruña, subgrupo 2º, 10ª xornada (última): FABRIL FC ALEVÍN 7 (Íker Obeso -2-, Mario González -2-, Thiago Montes, Antón Vilariño e Sergio Infante) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Categoría benxamín
Eliminatorias de acceso á Fase Intermedia, cuartos de final, volta: BENXAMÍN A 7 (Martín López -2-, Hugo Luaces, Jorge Fernández, David Gómez, Álvaro Gómez e Hugo Pousa) - ED LUÍS CALVO SANZ 0. Na ida: 5-0