RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A visita do CF Fuenlabrada, líder do grupo 1º da Segunda División B, ao Fabril, hoxe domingo (0-1), foi o partido destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, recibiu un novo reforzo a principios de semana, o lateral zurdo Juanmi Carrión. Ademais do novo defensor branquiazul, os outros 3 fichaxes neste mercado invernal tamén foron tamén titulares fronte ao conxunto madrileño: Ignacio Abeledo, Arturo Segado e Leto.

O Fabril asinou un digno partido, sobre todo na segunda metade; pero unha vez máis quedou ás portas de rabuñar algún punto.

Ademais, houbo cuádruplo enfrontamento co CD Lugo en xuvenís e cadetes. O de Xuvenil A (1-0) e Cadete B (2-5) foron en Abegondo hoxe domingo 27.

Os outros dous, Xuvenil B (1-1) e Cadete A (0-4) xogáronse onte sábado no campo da Reigosa de Friol (Lugo).

A vitoria (5-0) do Deportivo ABANCA B da Primeira Autonómica feminina ante o Arcadia EF, hoxe domingo 27, completou o calendario de partidos na Cidade Deportiva.

Finalmente, o Infantil A impúxose (3-5) ao RC Celta nun espectacular partido correspondente á 3ª xornada da Fase polo Título da Liga Galega. Ambos os equipos son os máximos aspirantes á medalla de ouro nesta segunda fase da temporada, que se celebra con formato de liga a unha soa volta.

Tiveron descanso o Alevín A, cuxo partido de volta de oitavos de final da Liga Comarcal ante o Imperátor OAR xógase o sábado 2 de febreiro; e Alevín B e Benxamín B, que arrincarán a segunda fase da Segunda Comarcal tamén ese mesmo día 2.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL 0 - CF FUENLABRADA 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (María Calvo -3-, Sofía e Andrea) - ARCADIA EF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 21ª xornada: XUVENIL A 1 (Álex) - CD LUGO 0

Liga Nacional, 20ª xornada: CD LUGO B 1 - XUVENIL B 1 (Batista)

Categoría cadete
División de Honra, 20ª xornada: CD LUGO 0 - CADETE A 4 (Dani Barcia, Padín, Antón e Noel)

Liga Galega, grupo norte, 20ª xornada: CADETE B 2 (Abele e Hugo Suárez) - CD LUGO B 5

Categoría infantil
Fase polo Título da Liga Galega, 3ª xornada: RC CELTA 3 - INFANTIL A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 22ª xornada: ONCE CABALLEROS CF 1 - INFANTIL B 6 (Diego -3-, Rubén, Óscar e Daniel)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: BENXAMÍN A 0 - CD CALASANZ A 0