RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana arrancou a Liga Nacional o Xuvenil B que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher. Debutou con bo pé (0-4) en Vilalba ante o Racing Vilalbés.

Tamén regresou á competición o Deportivo ABANCA B trala súa xornada de descanso da pasada fin de semana. As pupilas de Kevin Cabado impuxéronse (3-1) na Cidade Deportiva ao Victoria FC.

Para hoxe domingo quedaron os encontros na Cidade Deportiva do Fabril ante o CSD Arzúa (0-1) e do Xuvenil A ante o CD Calasanz (5-1).

Os resultados en #ANOSACANTEIRA foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 4ª xornada: FABRIL 0 - CSD ARZÚA 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - VICTORIA FC 1

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 2ª xornada: XUVENIL A 5 (Do Carmo -2-, Padín e Nájera -2-) - CD CALASANZ 1

Liga Nacional, subgrupo A, 1ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - XUVENIL B 4 (Diego Gómez, Hugo Baldomar, Embid e Martín Ochoa)