RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

Dous partidos en Abegondo abriron o pasado venres 30 de abril a xornada reducida da fin de semana en #ANOSACANTEIRA: o Cadete B venceu á SD Ribadeo (3-2) no subgrupo A norte da Liga Galega; e o Alevín de fútbol once (3-0) ao CD Calasanz A, que chegaba como líder provisional da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

En Terceira División, xa coas prazas de play off moi lonxe, o Fabril goleou (4-0) ao CD Estradense. Os fabrilistas foron moi superiores ao seu rival e mesmo dispararon en dúas ocasións máis aos paus.

Tiveron parón ligueiro o Deportivo ABANCA B (Primeira Nacional feminina), Xuvenil A (División de Honra), Alevín A (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A) e Fabril FC Alevín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B). Ademais, esta fin de semana tamén tocou descanso na súa xornada para o Cadete A no subgrupo D da División de Honra e para o Infantil A no subgrupo B norte da Liga Galega.

Así pois, hoxe domingo, ademais do filial, só tiveron cita oficial os dous equipos benxamíns, ambos na Torre. En ambos os casos houbo triunfo deportivista.

Finalmente, o partido do Xuvenil B ante o CD Areosa previsto para onte sábado 1 de maio en Abegondo, correspondente á 3ª xornada da Liga Nacional, grupo C de ascenso, foi aprazado por un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 5ª xornada: FABRIL 4 (Barba, Yeremay -2- e Javi Sánchez) - CD ESTRADENSE 0

Categoría xuvenil
Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 3ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, aprazado

Categoría cadete
Liga Galega, subgrupo A norte, 7ª xornada: CADETE B 3 (Mardones, Memet e un futbolista rival en propia meta) - SD RIBADEO 2

Categoría infantil
Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 4ª xornada: OZA JUVENIL SD A 0 - INFANTIL B 1 (Murilo)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 4ª xornada: ALEVÍN 3 (Paulo, Joaquín e Uxío) - CD CALASANZ A 0

Amigable (xogado o pasado xoves): FABRIL FC ALEVÍN 3 (Martín Forján -2- e Iago Lameiro) - SAN TIRSO SD A 2

Categoría benjamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 4ª xornada: ATLÉTICO CASTROS B 0 - BENXAMÍN A 18 (Íker -6-, Yael -5-, Mario -4-, Leo -2- e Nico)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C, 4ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Jorge e Marcos) - CD CALASANZ A 1