RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con clasificación do Xuvenil A para a Copa de Campións

Co Fabril, Deportivo ABANCA B, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino e Fabril FC Benxamín xa sen liga, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA centrouse na última xornada de liga na División de Honra xuvenil.

O Dépor, con 84 puntos, tiña que vencer hoxe en Cantabria na última xornada ao Bansander e esperar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, ante o CD Tomares para clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo dos sete grupos.

Pois ben, os pupilos de Manuel Pablo gañaron (2-4) e os granadinos caeron (2-1), co cal o Xuvenil A poderá defender o seu título de vixente campión de España.

Tamén hoxe, o Orzán SD Xuvenil Feminino, superou (1-5) ao Tomiño FC Femenino e, a falta dunha xornada, proclamouse campión do seu subgrupo.

Onte sábado xogáronse dous partidos na Cidade Deportiva: o Xuvenil B venceu ao CD Calasanz (4-0) na Liga Nacional; e o Cadete ao San Tirso SD (3-0) na semifinal da División de Honra, a partido único. O RC Celta, que venceu na outra ao CD Conxo Santiago, será o rival na gran final do equipo que prepara Darío Cotelo.

Ademais, Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A disputaron onte sábado no campo de Río Seco de Narón a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol oito.

Alevín A e Fabril FC Alevín quedaron encadrados no grupo A, co Galicia Caranza D, SD Coristanco e Escola Estrada FB. Despois dunha liga a unha soa volta, ambos os equipos accederon á semifinal como os dous primeiros do seu grupo. O Alevín A derrotou ao Cidade de Ribeira CF (4-1) para selar o seu pase á Fase Final do Campionato Galego, hoxe domingo 22 no Novo Municipal da Estrada; pero o Fabril FC Alevín non puido (0-1) co ED Luis Calvo.

Na Estrada, o Alevín apeou ao Pabellón Ourense CF (3-2) en semifinais e perdeu pola mínima (0-1) ante o RC Celta na gran final.

Pola súa banda, o Benxamín A mediuse no grupo A ao Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC, Ural Español CF e UC Cee. Após pasar como primeiro, o equipo deportivista superou (5-1) ao CD Conxo Santiago para lograr o billete á Fase Final do Campionato Galego, hoxe domingo no Novo Municipal da Estrada.

Nesta última fase o Benxamín A fíxose coa medalla de bronce ao caer en semifinais co RC Celta (1-4) e impoñerse ao CD Lugo (3-1) na final de consolación.

A xornada arrancou o venres en Abegondo co triunfo (5-2) do Infantil ante o Bertamiráns FC na 8ª xornada da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego. Os branquiazuis, na cabeza, pelexan co CD Conxo Santiago polo liderado do subgrupo norte.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 9ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Laura Santos, Lucía Rivas, Macarena González e Noe Gómez -2-)

Categoría xuvenil
División de Honra, 34ª xornada: CLUB BANSANDER 2 - XUVENIL A 4 (Nájera, Martín Ochoa, Álex González e Diego)

Liga Nacional, 33ª xornada: XUVENIL B 4 (Álex Delgado -2-, Martiño e David López) - CD CALASANZ 0

Categoría cadete
División de Honra, semifinal: CADETE 3 (Juan Barros, Mesfin e Guerrero) - SAN TIRSO SD 0

Categoría infantil
Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte, 8ª xornada: INFANTIL 5 (Janusz -2-, Leandro, Rubén e Diego) - BERTAMIRÁNS FC 2

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Raúl -2-) - FABRIL FC ALEVÍN 0
SD CORISTANCO 0 - ALEVÍN A 3 (Nico, Gabri e Iago Lameiro)
ALEVÍN A 10 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Pablo Somoza -2-, José Quiroga, Guille e Martín Forján) - GALICIA CARANZA D 0
ESCOLA ESTRADA FB 1 - ALEVÍN A 2 (Guille e Gabri)
Segunda fase
ALEVÍN A 4 (Martín Forján, Nico, Gabri e Raúl) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso e Javi Barral) - ESCOLA ESTRADA FB 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Manu Alcázar e Nico Torres) - SD CORISTANCO 1
GALICIA CARANZA D 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iker Obeso, Sergio Infante e Thiago Montes)
Segunda fase
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUIS CALVO SANZ 1

Fase Final do Campionato Galego, na Estrada
Domingo 22 de maio
Semifinal
ALEVÍN A 3 (Martín Forján, Guille e Raúl) - PABELLÓN CF 2
Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Iván Gil e Jorge Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 3 (Jorge Fernández, Hugo Pousa e Nacho Villanueva)
BENXAMÍN A 4 (Iván Gil -2-, Nacho Villanueva e Martín López) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1
UC CEE 1 - BENXAMÍN A 3 (David Gómez, Jorge Fernández e Nacho Villanueva)
Segunda fase
BENXAMÍN A 5 (Iván Gil -3-, Hugo Macedo e Hugo Pousa) - CD CONXO SANTIAGO 1

Fase Final do Campionato Galego, na Estrada
Domingo 22 de maio
Semifinal
BENXAMÍN A 1 (Hugo Macedo) - RC CELTA 4
Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 3 (David Gómez -2- e Hugo Macedo) - CD LUGO 1