Após o parón do Nadal, todos os equipos de #ANOSACANTEIRA regresaron á competición, salvo o Alevín B, que arranca a Segunda Fase, no seu grupo 1º, a próxima fin de semana.
En Segunda División B, o Fabril empatou (0-0) en San Sebastián de los Reyes e iguala na segunda praza co Rayo Majadahonda.
Xogaron en Abegondo nesta ocasión só dous equipos: Xuvenil B (derrota hoxe domingo por 2-3) e Cadete A (triunfo onte sábado por 3-0).
Competiron fóra de casa hoxe domingo o Deportivo ABANCA B (1-3 na Coruña); e onte sábado fixérono o Xuvenil A (0-4 en Vilalba), Cadete B (4-0 en Oroso) e Infantil B (0-3 en Cambre).
O Infantil A, campión do grupo norte, arranca a carreira polo título galego coa Segunda Fase, da que sairá o campéon galego.
O formato de competición será de liga a dobre volta, cos catro primeiros clasificados do grupo norte (Infantil A, Calasanz, San Tirso e Xuventude de Oroso) e o catro primeiros do grupo sur (Celta, Val Miñor Nigrán, Ourense e Areosa).
O primeiro rival do Infantil A será o San Tirso, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 no campo do Monte (San Tirso).
Finalmente, o Infantil do Dépor, cos técnicos Juan Villamisar e David Lagar á cabeza, foi brillante campión da Internationalen U13 Sportdeal24 Cup en Wermelskirchen (Alemaña).
O torneo reuniu a grandes clubs europeos, caso do Manchester United, Borussia Dortmund, West Ham, Bayer Leverkusen...
O conxunto deportivista levou a cabo a súa preparación para este torneo nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña, para adaptar o seu xogo a esta modalidade que no centro e norte de Europa ten tanto arraigamento nos meses de inverno, o fútbol indoor.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda División B
21ª xornada: SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 0 - FABRIL 0
Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 16ª xornada: ORZÁN SD 1 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - XUVENIL A 4 (Sito, Ortuño, Joel e Parga)
Liga Nacional, 18ª xornada: XUVENIL B 2 (Pablo e Pichu) - BOIRO 3
Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: CADETE A 3 (Peke -2- e Do Carmo) - VAL MIÑOR NIGRÁN 0
Liga Galega, grupo 1º, 18ª xornada: XUVENTUDE DE OROSO 4 - CADETE B 0
Categoría infantil
Internationalen U13 Sportdeal24 Cup, en Wermelskirchen (Alemaña)
Sábado 13 de xaneiro
Primeira Fase
DEPORTIVO 4 (Gabri, Carlos, Yago e Domínguez) - FC VIKTORIA KÖLN 1
DEPORTIVO 6 (Mella -2-, Carlos, Marcote, Yago e Dani) - JSG HILIGFELD 0
BORUSSIA DORTMUND 0 - DEPORTIVO 3 (Domínguez, Marcote e Carlos)
Segunda Fase
DEPORTIVO 4 (Mella -2-, Yago e Gabri) - CAMBRIDGE UNITED FC 3
DEPORTIVO 3 (Mella -2- e Domínguez) - SC CHARLOTTENBURG 1
BAYER LEVERKUSEN 1 - DEPORTIVO 3 (Yago, Domínguez e Carlos)
Domingo 14 de xaneiro
Terceira Fase
DEPORTIVO 5 (Dani, Marcote, Gabri, Domínguez e Yago) - EINTRACHT BRAUNSCHWEIG 1
DEPORTIVO 5 (Dani -2-, Mella -2- e Marcote) - MIDDLESBROUGH 1
DEPORTIVO 5 (Carlos -2-, Mella -2- e Marcote) - WEST HAM 3
Cuartos de final
DEPORTIVO 4 (Mella -2-, Gabri e un futbolista rival en propia meta) - DSC ARMINIA BIELEFELD 1
Semifinal
DEPORTIVO 2 (Carlos e Gabri) - FC KÖLN 2. Por penaltis: 2-1
Final
DEPORTIVO 5 (Carlos -2-, Gabri, Mella e Domínguez) - BORUSSIA DORTMUND 4
Play Off polo Título da Liga Galega, 1ª xornada: SAN TIRSO - INFANTIL A, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 no Monte (San Tirso)
Primeira Autonómica, grupo 1º, 20ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - INFANTIL B 3 (Diego, Marco Baña e un futbolista rival en propia meta)
Categoría alevín
Oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, volta: ALEVÍN A 9 (Héctor -4-, Óscar -3- e Hugo -2-) - ÓRDENES A 0. Na ida: 5-0
Categoría benxamín
Segunda Fase Primeira Comarcal, 2ª xornada: URAL A 0 - BENXAMÍN A 4 (Xabi, Mosquera, Janusz e Pablo)
Segunda Comarcal A Coruña, 11ª xornada: BENXAMÍN B 14 (Caaveiro -3-, Paulo -2-, Trigo -2-, Uxío, Ioan, Sergio, Iago Vázquez e Ronquete -3-) - ATLÉTICO ARTEIXO C 0