RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 9 e 10 de decembro

Hoxe domingo 10 de decembro competiron estes dous equipos en #ANOSACANTEIRA: o Fabril en Cerceda (2-3); e o Xuvenil A en Santander (0-1). O partido do Deportivo ABANCA B en Arteixo foi suspendido pola Federación Galega como consecuencia do temporal que azoutou Galicia.

Onte sábado 9 de decembro gañaron os seus partidos ligueiros o Infantil A en Caranza (1-2); e os dous equipos alevíns na Torre (0-4 o A e 0-9 o B).

A falta dunha xornada para o final, o Alevín B proclamouse matematicamente campión do grupo 1º de Segunda.

É o terceiro título desta temporada para #ANOSACANTEIRA, após os logrados anteriormente polo Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín A (grupo 2º de Primeira Comarcal A Coruña).

Os outros cinco equipos das categorías inferiores adiantaron os seus partidos ligueiros ao pasado martes 5 e mércores 6, festividade da Constitución, debido á ponte da fin de semana.

Así, o Benxamín A gañou o martes en San Tirso (2-9) e o mércores fixérono o Xuvenil B (2-0), Cadete A (7-0), Cadete B (0-3) e Benxamín B (7-3).

Nesta ocasión descansou o Infantil B, no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
18ª xornada: CERCEDA 2 - FABRIL 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 14ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - MILAGROSA (aprazado polo temporal)

Categoría xuvenil
División de Honra, 16ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 1 (Kilian)

Liga Nacional, 15ª xornada: XUVENIL B 2 (Jorge e Ernesto) - CONXO 0

Categoría cadete
División de Honra, 15ª xornada: CADETE A 7 (Mario -2-, Juanma, Peke, Portas e Iván -2-) - BERTAMIRÁNS 0

Liga Galega, grupo 1º, 15ª xornada: CONXO 0 - CADETE B 3 (Xavi e Hugo -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 15ª xornada: GALICIA CARANZA 1 - INFANTIL A 2 (Roque e Álvaro)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 9ª e última xornada: ORILLAMAR A 0 - ALEVÍN A 4 (Zoe, Pablo, Héctor e Luis)

Segunda, grupo 1º, 1ª xornada (aprazada no seu día): OZA JUVENIL A 0 - ALEVÍN B 9 (Bruno -5-, Xenxo, Marcos, Jairo e Eli)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 9ª e última xornada: SAN TIRSO A 2 - BENXAMÍN A 9 (Janusz -2-, Diego -2-, Anxo, Raúl, Eder, Guille e Leandro)

Segunda Comarcal A Coruña, 9ª xornada: BENXAMÍN B 7 (Ioan -3-, Nico, Gael, Mauro e Paulo) - SPORTING BURGO B 3