RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados e calendario en #ANOSACANTEIRA do 4 e 5 de novembro

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrancou onte venres en Abegondo co partido da 10ª xornada da Liga Galega entre o Cadete B e o Viveiro A, que finalizou con triunfo (4-2) deportivista.

Tamén xogan esta fin de semana en Abegondo o Fabril e Infantil A; ademais do Deportivo ABANCA B en Ponte dos Brozos (Arteixo).

O filial deportivista, que empatou o pasado mércores en Pasarón (1-1) e cedeu o liderado ao Fuenlabrada, recibe mañá domingo ás 12:00 horas á Gimnástica Segoviana. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Como é habitual nos partidos en Abegondo, Rubén Coméndez, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Son baixa os lesionados One, Diego Caballo, Bicho e Luis.

Pola súa banda, na Liga Galega, o Infantil A derrotou (5-0) ao Xuventude de Oroso. Os deportivistas non fallaron para manter a cabeza do grupo norte.

Para hoxe sábado quedaron ademais a derrota do Xuvenil A fronte ao líder da División de Honra, o Sporting de Gijón; e os triunfos do Infantil B (ante o Obreiro), Alevín A (en Laracha) e Benxamín A (fronte ao Sporting Burgo A). Toca descanso para o Benxamín B.

Mañá domingo compiten o Xuvenil B e Cadete A, en dobre duelo ante o Pabellón; e o Alevín B, que se mide ás 9.00 da mañá ao Atlético Coruña Montañeros B.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
13ª xornada: FABRIL - GIMNÁSTICA SEGOVIANA, o domingo 5 de novembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA CF B, o domingo 5 de novembro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 1 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 10ª xornada: PABELLÓN OURENSE - XUVENIL B, o domingo 5 de novembro ás 12:00 nos Remedios (Ourense)

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: PABELLÓN OURENSE - CADETE A, o domingo 5 de novembro ás 10:30 nos Remedios (Ourense)

Liga Galega, grupo 1º, 10ª xornada: CADETE B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - VIVEIRO A 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 10ª xornada: INFANTIL A 5 (Quique, Álex G., Hugo Baldomar, Sergio e Roque) - ED XUVENTUDE OROSO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 12ª xornada: OBRERO 3 - INFANTIL B 8 (Javi -3-, Dani -2-, Pablo e Adrián -2-)

Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo 1º, 4ª xornada: LARACHA 0 - ALEVÍN A 10 (Oreiro, David -2-, Óscar -3-, Samuel -2-, Ayana e Hugo)

Segunda, grupo 1º, 4ª xornada: ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B, o domingo 5 de outubro ás 9:00 na Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal, grupo 2º, 4ª xornada: BENXAMÍN A 11 (Anxo -3-, Nico -2-, Guille -2-, Janusz -2-, Íker e Diego) - SPORTING BURGO A 0