RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Esta fin de semana só xogábase un partido de #ANOSACANTEIRA en Abegondo, o encontro do Xuvenil B hoxe sábado 14 de novembro ante o EF Lalín.

O partido, correspondente á 2ª xornada no subgrupo A da Liga Nacional, foi aprazado por un positivo de COVID-19 no conxunto dezano.

Agora, ambos os clubs poranse de acordo para fixar unha nova data para este encontro.

Compiten lonxe da Cidade Deportiva o Fabril (mañá domingo ás 16:15 en Vilalba), Deportivo ABANCA B (mañá domingo ás 12:00 en Mos) e Xuvenil A (1-1 hoxe sábado en Santiago fronte ao CD Conxo).

No filial, Juan Carlos Valerón citou aos seguintes xogadores: Pablo Brea, Alberto, Iván Guerrero, Isra, David Suárez, Prendes, Yuste, Villares, Sanmartín, Barba, Kanouté, Guedes, Rayco, Javi Sánchez, Álex, Cambón, Mosquera, Adri Castro e Iñigo Reinoso. Son baixas forzosas os lesionados Pescador e Juan Rodríguez, este cunha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 5ª xornada: RACING VILLALBÉS - FABRIL, o domingo 15 de novembro ás 16:15 na Magdalena (Vilalba)

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 4ª xornada: UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de novembro ás 12:00 nas Baloutas (Mos)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 3ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 1 - XUVENIL A 1 (Padín)

Liga Nacional, subgrupo A, 2ª xornada: XUVENIL B - EF LALÍN, aprazado