RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Xuvenil A de centro de atención

Co Fabril, Deportivo ABANCA B, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino e Fabril FC Benxamín xa sen liga, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA céntrase na última xornada de liga na División de Honra xuvenil.

O Dépor, que suma 84 puntos, deberá vencer mañá domingo 22 de maio en Cantabria ao Bansander e esperar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, ante o CD Tomares para clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo dos sete grupos.

Tamén mañá, o Orzán SD Xuvenil Feminino, líder destacado do seu subgrupo, visita ao Tomiño FC Femenino, segundo clasificado. Será a partir das 17:15 no campo do Alivio, en Tomiño.

Hoxe sábado xogáronse dous partidos na Cidade Deportiva: o Xuvenil B venceu ao CD Calasanz (4-0) na Liga Nacional; e o Cadete ao San Tirso SD (3-0) na semifinal da División de Honra, a partido único. O RC Celta, que venceu na outra ao CD Conxo Santiago, será o rival na gran final do equipo que prepara Darío Cotelo.

Ademais, Alevín A, Fabril FC Alevín e Benxamín A disputaron no campo de Río Seco de Narón a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol oito.

Alevín A e Fabril FC Alevín quedaron encadrados no grupo A, co Galicia Caranza D, SD Coristanco e Escola Estrada FB. Despois dunha liga a unha soa volta, ambos os equipos accederon á semifinal como os dous primeiros do seu grupo. O Alevín A derrotou ao Cidade de Ribeira CF (4-1) para selar o seu pase á Fase Final do Campionato Galego, mañá domingo 22 no Novo Municipal da Estrada; pero o Fabril FC Alevín non puido (0-1) co ED Luis Calvo.

O Benxamín A mediuse no grupo A ao Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC, Ural Español CF e UC Cee. Após pasar como primeiro, o equipo deportivista superou (5-1) ao CD Conxo Santiago para lograr o billete á Fase Final do Campionato Galego, mañá domingo 22 no Novo Municipal da Estrada.

A xornada arrancou onte venres en Abegondo co triunfo (5-2) do Infantil ante o Bertamiráns FC na 8ª xornada da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego. Os branquiazuis, na cabeza, pelexan co CD Conxo Santiago polo liderado do subgrupo norte.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º, 9ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 22 de maio ás 17:15 no campo do Alivio (Tomiño)

Categoría xuvenil
División de Honra, 34ª xornada: CLUB BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 22 de maio ás 12:00 no campo de Villaescusa (La Concha, Cantabria)

Liga Nacional, 33ª xornada: XUVENIL B 4 (Álex Delgado -2-, Martiño e David López) - CD CALASANZ 0

Categoría cadete
División de Honra, semifinal: CADETE 3 (Juan Barros, Mesfin e Guerrero) - SAN TIRSO SD 0

Categoría infantil
Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte, 8ª xornada: INFANTIL 5 (Janusz -2-, Leandro, Rubén e Diego) - BERTAMIRÁNS FC 2

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Raúl -2-) - FABRIL FC ALEVÍN 0
SD CORISTANCO 0 - ALEVÍN A 3 (Nico, Gabri e Iago Lameiro)
ALEVÍN A 10 (Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Pablo Somoza -2-, José Quiroga, Guille e Martín Forján) - GALICIA CARANZA D 0
ESCOLA ESTRADA FB 1 - ALEVÍN A 2 (Guille e Gabri)
Semifinal
ALEVÍN A 4 (Martín Forxan, Nico, Gabri e Raúl) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso e Javi Barral) - ESCOLA ESTRADA FB 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Manu Alcázar e Nico Torres) - SD CORISTANCO 1
GALICIA CARANZA D 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Iker Obeso, Sergio Infante e Thiago Montes)
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUIS CALVO SANZ 1

Categoría benxamín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Narón
Sábado 21 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 2 (Iván Gil e Jorge Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 0
BERTAMIRÁNS FC 1 - BENXAMÍN A 3 (Jorge Fernández, Hugo Pousa e Nacho Villanueva)
BENXAMÍN A 4 (Iván Gil -2-, Nacho Villanueva e Martín López) - CIDADE DE RIBEIRA CF 1
UC CEE 1 - BENXAMÍN A 3 (David Gómez, Jorge Fernández e Nacho Villanueva)
Semifinal
BENXAMÍN A 5 (Iván Gil -3-, Hugo Macedo y Hugo Pousa) - CD CONXO SANTIAGO 1