RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados hoxe mércores en #ANOSACANTEIRA, con título galego para o Alevín

Hoxe mércores 25 de maio tiveron cita tres equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil B, Infantil e Alevín.

En infantís houbo en Vigo #ONOSODERBI amigable (3-4, na foto); e en alevíns nas Eiroas (Carballo) con motivo da final da XII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, á que Dépor e Celta chegaron após quedar campións dos subgrupos norte e sur, respectivamente. Este último choque acabou en táboas (2-2) pero nos penaltis estiveron os branquiazuis máis atinados.

Desta forma, o Alevín álzase co trofeo oficioso que coroa ao rei en Galicia da categoría na modalidade de fútbol 11.

O día completouse cun amigable do Xuvenil B ante a Selección Galega sub-16, no campo 4 de Abegondo, resolto con vitoria deportivista (4-1).

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL B 4 (David López -2-, Rubén e Domínguez) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 1

Categoría infantil
Amigable: RC CELTA 3 - INFANTIL 4 (Leandro -2-, Diego e Iker Casuso)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final: ALEVÍN 2 (Javi Seoane e Iago Lameiro) - RC CELTA 2. A penaltis: 4-2