RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Sábado repleto de partidos para #ANOSACANTEIRA, cun total de 8 con representación deportivista.

Deles, só un foi en Abegondo, o do Xuvenil B ante o CD Calasanz (1-3).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A (1-1 en Cangas); Cadete B (2-0 en Bertamiráns); e no partido estrela, o Infantil A en Bertamiráns FC (0-3). Con este resultado, o cadro deportivista é líder en solitario do grupo norte da liga Galega.

Tamén volveron á competición os alevíns e benxamíns, con triplo enfrontamento na Torre ante o Ural CF. O balance dos 4 equipos foi de 1 vitoria e 3 empates.

Para mañá domingo queda a visita do Fabril ao Pontevedra CF (17:00 en Pasarón). O filial retomou o pulso á liga cun merecido triunfo a pasada fin de semana ante o Rápido de Bouzas. Os granates, sen abafos clasificatorios, si perseguirán o triunfo para levantarse á zona nobre.

Sergio Pellicer, técnico fabrilista, citou aos seguintes futbolistas: Pedro López, Álex Cobo, Lucas, One, Blas, Gaizka, Carlos López, Gandoy, Javi Cobo, Uxío, Pedro, Quique Fornos, Villares, Montiel, Adrián, Mujaid, Víctor e Juanje.

Tamén xogan o Deportivo ABANCA B (12:30) e Cadete A (11:00) en Abegondo; e en San Tirso (12:00) o Infantil B.

Para o partido do Cadete A, os socios teñen libre acceso. O público paga 3 euros.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
12ª xornada: PONTEVEDRA CF - FABRIL, o domingo 11 de novembro ás 17:00 en Pasarón

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CF DEPORTIVO ORZÁN, o domingo 11 de novembro ás 12:30 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: ALONDRAS CF 1 - XUVENIL A 1 (Armas)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 1 (Portas) - CD CALASANZ 3

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE A - CD CALASANZ, o domingo 11 de novembro ás 11:00 en Abegondo

Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 2 - CADETE B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 0 - INFANTIL A 3 (Noah, Manu e Carlos)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 12ª xornada: SAN TIRSO SD B - INFANTIL B, o domingo 11 de novembro ás 12:00 no campo do Monte (San Tirso)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 5ª xornada: ALEVÍN A 2 (Carlos e Dani) - VICTORIA CF A 2

3ª xornada: URAL CF C 2 - ALEVÍN B 2 (Rubén e Nico)

Categoría benjamín
3ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Paulo -2-, Íker, Joaquín, Trigo, Nico e Pablo) - URAL CF A 1

3ª xornada: BENXAMÍN B 2 (Iago Lameiro e Javi) - URAL CF C 2