RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Riazor acaba a liga cun sorriso coa vitoria ante o Mallorca e a reaparición de Filipe

var ivPlayer911257 = new IVPlayer("350", "197",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer911257.playVideo('player911257', 'lfp09-10_j37_deportivo1-mallorca0_08-05

Lotina aproveitou o intranscendente partido ante o Mallorca desta noite en Riazor para seguir vendo a futbolistas da casa de face á próxima tempada. Rochela, un xogador que cada día convence máis ao técnico vasco, volveu formar no eixo da zaga con Lopo, mentres que Raúl volvía ao lateral zurdo. Ambos estarán xa a próxima semana co Fabril, que loitará polo ascenso a Segunda División B. Valerón, tras os seus bos minutos de Pamplona, seguiu no once inicial de enganche, con Riki por diante. Adrián, xa recuperado da súa escordadura de nocello que lle impediu estar no Reyno de Navarra, caeu á dereita e Juan Rodríguez á esquerda. Todas as miradas estaban postas no entanto no banco deportivista, onde sentaba Filipe por primeira vez desde o pasado mes de xaneiro.

A primeira chegada clara foi para o Mallorca, transcorridos apenas quince minutos. Aduriz recibe entre os centrais, regatea a Lopo e, diante de Aranzubía, salva Rochela providencial ao cruzamento. O partido estaba moi igualado no centro do campo, con escasísimas chegadas a ambas as portarías. Un minuto máis tarde, Webó tirou alto na área pequena tras un pase da morte de Gonzalo Castro, que roubara a pelota a Juan Rodríguez e internouse ata a liña de fondo.

O Mallorca comezou a apertar, coa liga de Campións en xogo. Aduriz, no minuto 23, escápase de Lopo, que a punto estivo de facer penalti, e pica o balón rozando o traveseiro ante a saída de Aranzubía. Mario Suárez tivo a seguinte. O espigado centrocampista bermellón cabeceou con moita potencia pero tamén alto un bo centro de Xullo Álvarez desde a banda dereita do ataque balear. Aduriz, case á media hora, cabeceou totalmente só desviado por moi pouco. O gol parecía que podía chegar en calquera momento.

Tras estes malos instantes, o equipo branquiazul recuperouse. Así, Riki cabeceou ao traveseiro un saque de esquina lanzado por Juca nunha mala saída de Aouate. Faltaban cinco minutos para o descanso e o encontro equilibrouse de novo.

Sen sustos para Aranzubía e Aouate acabaron o primeiros corenta e cinco minutos.

Saíu o Dépor tras o descanso disposto a darlle un susto ao Mallorca. No minuto 49, Lopo cabecea lixeiramente alto un saque de esquina lanzado desde a banda dereita. A bancada comezou a corear o nome de Filipe cando o lateral zurdo comezou a facer exercicios de quecemento na banda.

O obxectivo que se marcou o corpo técnico era que Filipe disputase hoxe media hora de xogo. E así sucedeu. No minuto 65, o internacional brasileiro relevaba a Raúl ante o delirio da bancada. Ocupou o lateral zurdo, a súa posición natural.

A súa saída coincidiu co primeiro gol do partido, obra de Riki. Filipe desdobra a Adrián na banda zurda, conecta con Valerón e este mete un gran pase ao dianteiro madrileño, que bate por baixo a Aoaute.

Un minuto máis tarde, o porteiro balear, ex do Deportivo, comete un claro penalti sobre Juan Rodríguez ao trabarle o pé xusto cando o centrocampista se aprestaba a rematar a portaría tras un bo contragolpe branquiazul. Turienzo Álvarez non o sinalou.

O Mallorca pagou o esforzo da primeira metade e quizais o do pasado mércores ante o Real Madrid. quedou sen aire en Riazor na recta final e recorreu ao balón colgado, unha arma contra a que o Deportivo se defende ben grazas fundamentalmente a Lopo e a Aranzubía. Final do partido e triunfo branquiazul.

Deportivo:
Aranzubia; Manuel Pablo, Rochela, Lopo, Raúl (Filipe, m. 65); Juca, Sergio, Juan Rodríguez; Valerón (Iván Pérez, m. 85); Adrián e Riki (Mista, m. 78).

Mallorca: Aouate; Mattioni (Varela, m. 71), Ramis, Rubén, Ayoze; Xullo Alvarez (Keita,  m. 82), Martí, Mario Suárez, "Chori" Castro; Webó (Víctor, m. 65) e Aduriz.

Gol: 1-0; min.68, Riki.

Árbitro: Turienzo Alvarez, do Colexio castelán-leonés. Mostrou cartón amarelo a Riki e Adrián, por parte do Deportivo.

Incidencias:  O Deportivo, a través da megafonía, mostrou a súa pesar polo falecemento do que fose vicepresidente do club e Socio de Honra, o doutor Angel Ron Fraga. No descanso, o Infantil A e os dous equipos de alevíns do Club saíron a brindar os seus títulos ligueiros ante os afeccionados.