RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Rifado triunfo do Alevín sobre o CD Calasanz no Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O Alevín amarrou os tres puntos (2-1) ante o CD Calasanz nun rifado partido correspondente á 3ª xornada no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Antón e Martín Forján foron os autores dos goles branquiazuis logrados, co do CD Calasanz, en apenas oito minutos, entre o 60 e o 68.

Alevín: Lucas López, Javi Seoane, Nico, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Antón, Gabri, Nico, Martín Forján, Raúl e Iago Varela. Tamén xogaron: Martín Fernández, Martín López, Álvaro Gómez e Iago Lameiro.

A próxima fin de semana, o Alevín visita ao Racing de Ferrol.

Os resultados do Alevín nesta competición son os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1