RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rondos e fútbol-tenis, tarefas hoxe do Dépor nunha tarde de recuperación

Tarde de recuperación para o Dépor, como é habitual dous días antes de cada partido. Así, hoxe Clarence Seedorf rebaixou a carga de adestramento, co obxectivo de recargar as baterías de cara ao choque deste venres 23 de febreiro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Espanyol (21:00 horas, Bein LaLiga).

Desta forma, uns rondos e fútbol-tenis foron as únicas tarefas sobre o céspede. Ademais dos lesionados (Albentosa e Fede Valverde), quedou no vestiario Bakkali, que non pode xogar por sanción ante o Espanyol e, debido a este motivo, realizou un traballo específico de carácter preventivo.

Mañá xoves, o cadro está citado ás 17:00 horas en Abegondo para a última sesión de adestramento previo ao choque ante os 'pericos'.

Ao finalizar, o técnico holandés dará a lista de xogadores convocados que se concentrarán ás 21:00 horas no Hotel Meliá María Pita até a hora do partido.