RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sara Álvarez ficha polo Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA pechou a fichaxe de Sara Álvarez Álvarez (O Rosal, Pontevedra, 1 de abril de 2003), unha das novas futbolistas galegas de maior proxección.

Sara alcanzou a internacionalidade coa selección española sub-16, coa que disputou este mesmo ano o Torneo Internacional de Montaigu, en Francia. No devandito torneo, no que España caeu ante China (0-1) e empatou contra Corea do Norte (2-2) e Francia (1-1), xogou todos os partidos como titular e ao completo.

A posteriori tamén foi chamada para unha concentración do combinado nacional sub-17 para unhas xornadas de adestramento na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

Central ou lateral dereito, Sara comezou a xogar aos 6 anos no UD Ribeira, club no que militou até o seu primeiro ano cadete, no que compaxinou este equipo, de fútbol 11, co Unión Guardesa, de fútbol 7.

A pasada temporada, a pesar de iniciala con só 15 anos de idade, disputouna integramente co Atlántida de Matamá, un dos equipos punteiros da Segunda División Nacional, a competición que gañou o Dépor ABANCA.

Sara tamén foi unha asidua nas seleccións galegas, coas que disputou Campionatos de España en categoría sub-12, sub-16 e sub-18.