RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Saša Jovanovic, novo xogador do Dépor 2019-2020

O Real Club Deportivo, o Al-Fateh e Saša Jovanovic (Lazarevac, Serbia, 15 de decembro de 1991) chegaron a un acordo para a cesión, con opción de compra, do futbolista balcánico, até final de temporada.

O centrocampista serbio chegou á Coruña o pasado sábado e xa superou o recoñecemento médico ao que foi sometido esta mañá no Hospital HM Modelo da Coruña, polo que se incorporará mañá aos adestramentos do equipo en Abegondo.

Após pasar o último medio ano en Arabia Saudita, o centrocampista completará no Real Club Deportivo a súa segunda experiencia en España despois de militar no Córdoba CF, co que disputou 49 partidos na Liga SmartBank, anotando 6 goles e dando 7 asistencias. Os equipos do seu país: Kolubara, Smederevo e Mladost Lucani, antes de chegar á cidade cordobesa, completan o percorrido profesional do xogador.