RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seedorf insiste en "intensidade, organización, xogar como equipo cando se ataca e cando se defende"

Clarence Seedorf debullou esta tarde na sala de prensa os alicerces indispensables do seu Deportivo: "Intensidade, organización, xogar como equipo cando se ataca e cando se defende, pensar as mesmas cousas, saber cada un o que ten que facer. Esa é a base. Despois están as individualidades, que cando hai esa organización, esa compactación, vai ser máis fácil para que eles poidan crear".

Asegura que o equipo está a traballar ben esta base, "contentos coa intensidade que mostran nos adestramentos. Para min é unha cuestión de tempo. Mañá é un día boísimo para buscar esta vitoria", ante o Espanyol ás 21:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR (Bein LaLiga), en partido correspondente á 25ª xornada de LaLiga Santander.

Tivo palabras para o deportivismo: "A afección vai sempre a protexer a súa casa. Faltan 14 xornadas. Estou convencido que ninguén que vai vir a xogar vaise a sentir en casa".

Ve ao equipo "vivo. Demostrouse vivo ante o Betis, ante ao Alavés. Vístelo vós no primeiro tempo. Agora temos que seguir traballando para que os resultados saian".

Preguntado por Muntari, apunta que "vai necesitar tempo para chegar á súa mellor forma. Para isto imos tentar programar como facer as cousas mellor para el e para o equipo". "Estamos contentos con que se chegou a un acordo co Club. Está moi motivado. Está moi integrado no grupo, o grupo abrazouno, que é moi importante. Encaixou ben. Está a esperar que chegue todos os papeis da súa documentación. Vai ser un xogador máis. Non é o salvador da patria, pero seguramente nos vai a dar un aspecto importante, que é capacidade de ser agresivo, dominante en certos momentos", recalca.

Así mesmo, confesa que Lucas "é un xogador moi importante. E é unha das miñas preocupacións de axudarlle a volver ao seu nivel. Estamos a traballalo todos os días. El está a responder con traballo. Agora non está fino, non está con capacidade de crear como el pode facer. Pero o que lle dixen é que isto pode pasar a calquera xogador. Pero traballar para o equipo, volver loitar, iso vímoslle nos dous partidos desde que eu estou aquí".

Do Espanyol, sostén Seedorf que "xoga parecido ao Alavés en canto sistema de xogo. Ten xogadores importantes, de calidade".