RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Segundo compromiso para Elena Vázquez coa sub-17, hoxe ante Ucraína

Elena Vázquez está concentrada coa selección española sub-17 con motivo da Rolda 2 de clasificación para o Europeo que se xoga nos Países Baixos.

O rival de quenda será Ucraína ás 19:00 horas en Noordwijk.

O pasado xoves, a canteirá participou na goleada da selección española sub-17 (9-0) a Turquía na primeira xornada da Rolda 2.

A defensa do Deportivo ABANCA B, que acaba de saír dunha lesión muscular, arrincou o encontro ante as turcas no banco e saltou ao campo no minuto 67 en substitución de Alba Cerrato.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 14 de marzo
ESPAÑA 9 - TURQUÍA 0

Domingo 17 de marzo
19:00: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Gemeentelijk Sportpark S.J.C, en Noordwijk

Mércores 20 de marzo
19:00: PAÍSES BAIXOS - ESPAÑA, no Gemeentelijk Sportpark S.J.C, en Noordwijk

Por este motivo, Elena Vázquez que regresará á Coruña ao longo do xoves 21 de marzo, será baixa no partido de hoxe domingo 17 de marzo do filial en Mareo ante o Sporting de Gijón B.