RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Seis futbolistas viaxan mañá xoves desde A Coruña até Los Ángeles de San Rafael

Seis xogadores do Deportivo que quedaron na Coruña viaxan mañá xoves pola mañá por estrada á concentración do Dépor na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael: David Simón, Álex Bergantiños, Domingos Duarte, Diego Caballo; e os lesionados Borja Valle e Quique González.

Chegarán ao hotel Sports Hotel Nayade para comer co resto da expedición que viaxou desde Zaragoza e, pola tarde, a partir das 19:00 horas, adestrar todos xuntos en Los Ángeles de San Rafael.

Tamén se sumará á concentración Christian Santos. O dianteiro, despois de estar coa súa selección en dous partidos amigables, aterra mañá xoves ás 12:50 no aeroporto de Madrid-Barajas. De aí partirá directamente á concentración do Dépor na localidade segoviana.