Semana copeira para o Deportivo ABANCA, que busca un oco na final de Copa Galicia
O Deportivo ABANCA afronta unha semana copeira, coa disputa do partido de volta de semifinais da Copa Galicia de Segunda División Nacional ante o Victoria FC.
O encontro xogarase en Ponte dos Brozos (Arteixo) este xoves 18 de xaneiro ás 20:30 horas, con entrada libre para os afeccionados.
Na ida disputada o pasado 6 de decembro en Santiago xa venceron as deportivistas (1-4), que son claras favoritas para meterse na gran final.
Manu Sánchez, técnico branquiazul, planificou ademais tres adestramentos desde mañá martes, con este calendario:
Martes 16 de xaneiro 20:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 17 de xaneiro 20:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 18 de xaneiro 20:30: Deportivo ABANCA - Victoria FC, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Venres 19 de xaneiro 19:00: Adestramento en Abegondo
En liga, o equipo branquiazul é líder do grupo 1º de Segunda División Nacional con 40 puntos, con 4 puntos de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 39 puntos e un partido menos xogado.