RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Semana de Copa e Liga para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA afronta unha intensa semana con dúas citas: o partido de ida das semifinais da Copa Feminina de Segunda División Nacional (mércores 6 de decembro en Santiago ante o Victoria FC); e a 13ª xornada en Segunda División Nacional (domingo 10 de decembro en Arteixo ante o CPM Friol).

De cara ao choque ligueiro, os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

O calendario semanal do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Luns 4 de decembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Martes 5 de decembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 6 de decembro
16:00: Victoria FC - Deportivo ABANCA, no Municipal do Sergas (Santiago)

Xoves 7 de decembro
Descanso

Venres 8 de decembro
11:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 9 de decembro
Descanso

Domingo 10 de decembro
17:00: Deportivo ABANCA - CPM Friol, en Ponte dos Brozos (Arteixo)

O Deportivo ABANCA lidera a clasificación do grupo 1º de Segunda División Nacional con 34 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o Oviedo Moderno, segundo con 33 puntos.