RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de estrea do Dépor en ABANCA-RIAZOR con motivo do Trofeo Teresa Herrera

A pretemporada branquiazul chega ao seu punto álxido nunha semana na que a Dépor Xira Integral Motion 2022 fai un alto en ABANCA-RIAZOR o sábado 13 ás 20:30 horas con motivo da LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera entre o RC Deportivo e o FC Metalist Kharkiv de Ucraína.

A maiores, Borja Jiménez dispuxo seis sesións de traballo. Cinco serán na Cidade Deportiva e a última antes do partido, o venres 12, terá lugar en ABANCA-RIAZOR, na primeira vez que moitos futbolistas do actual cadro pisen como xogadores do Dépor #ANOSACASA ou se reencontren con ela, caso de Raúl Carnero.

Cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, os futbolistas deben presentarse ás 09:00 para almorzar na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 8 de agosto
10:30 h. e 19:00 h., Abegondo

Martes 9 de agosto
10:30 h., Abegondo

Mércores 10 de agosto
10:30 h., Abegondo

Xoves 11 de agosto
10:30 h., Abegondo

Venres 12 de agosto
19:00 h., ABANCA-RIAZOR

Sábado 13 de agosto
20:30: RC Deportivo - FC Metalist Kharkiv, en ABANCA-RIAZOR