RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de final de liga para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA, que onte tivo xornada de descanso, inicia esta tarde a última semana de liga, que concluirá este sábado 28 ás 19:00 horas (pendente de confirmación) coa visita á Coruña do Atlético de Madrid B, en partido correspondente á 30ª xornada, última, no grupo norte de Reto Iberdrola.

A 29ª xornada deixa ás branquiazuis sextas na táboa con 50 puntos, os mesmos que o DUX Logroño, quinto e primeiro equipo que evitaría agora mesmo o playout. Por diante, na cuarta praza, marcha o FC Barcelona B, que ten 51 puntos e por tanto está ao alcance tamén das deportivistas.

Miguel Llorente dispuxo catro sesións de traballo en Abegondo. Nas dúas primeiras non estará Eva Dios, concentrada até mañá mércores na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael coa selección española sub-20.

A planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 24 de maio
17:00 h.

Mércores 25 de maio
11:30 h.

Xoves 26 de maio
11:30 h.

Venres 27 de maio
11:30 h.

Sábado 28 de maio
19:00 (pendente de confirmación): Deportivo ABANCA - Atlético de Madrid B