Semana sen liga no Dépor pero con partido de adestramento a porta pechada en Ponferrada
O Deportivo arrinca mañá mércores 12 de xaneiro unha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.
Así pois estes próximos días en Abegondo serán para recargar pilas, repor forzas e á vez seguir mantendo o ritmo cun amigable a porta pechada o sábado 15 de xaneiro ás 11:00 no Anexo ao Toralín ante a SD Ponferradina.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Mércores 12 de xaneiro 10:30 h.
Xoves 13 de xaneiro 10:30 h.
Venres 14 de xaneiro 10:30 h.
Sábado 15 de xaneiro 11:00: SD Ponferradina - Deportivo no Anexo ao Toralín (porta pechada)