RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sergio Bernárdez foi de novo titular con España sub-15, hoxe ante a República Checa

- Foto: www.sefutbol.com -

O canteirán branquiazul Sergio Bernárdez está concentrado coa selección española sub-15 no Torneo Sportchain AGS Cup, competición que se disputa en Alacante durante toda esta semana.

Hoxe mércores, o combinado dirixido por Julen Guerrero tivo como rival na terceira xornada á República Checa, en Alfaz do Pi.

O novo futbolista coruñés foi titular e xogou completo un encontro que se saldou con triunfo español (3-1), con tantos de Aitor Gismera -2- e Ángel Alarcón.

Onte martes, España goleou a Arabia Saudita (0-4) na localidade de Polop; con motivo da segunda xornada. Nesta ocasión, Sergio presenciou o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.  

No primeiro partido do torneo disputado o pasado luns, o canteirán branquiazul disputou todo o encontro ante Irlanda do Norte, que acabou con triunfo (1-0) hispano grazas ao gol de Manuel Morán.

A próxima cita para a selección española sub-15 será este venres 7 de decembro ante Rusia (16:00 horas) en Altea.

O calendario de España nesta competición de carácter amigable é o seguinte:

Luns 3 de decembro
ESPAÑA 1 - IRLANDA DO NORTE 0

Martes 4 de decembro
ARABIA SAUDITA 0 - ESPAÑA 4

Mércores 5 de decembro
REPÚBLICA CHECA 1 - ESPAÑA 3

Venres 7 de decembro
16:00: ESPAÑA - RUSIA, en Altea

Domingo 9 de decembro
12:00: ESPAÑA - MÉXICO, en Benidorm

O mediocentro coruñés, que xa estivo citado para as sesións de adestramentos dos meses de outubro e novembro, milita esta temporada no San Tirso SD de División de Honra cadete, en virtude do convenio asinado por ambos os clubs.