RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión de activación e último ensaio táctico sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR

O Deportivo realizou esta mañá en ABANCA-RIAZOR unha suave sesión de activación, tal e como estaba prevista na planificación semanal, cun último ensaio táctico de cara ao partido desta noite (21:00 horas, Dazn), correspondente á segunda eliminatoria da Copa do Rei ante o CA Osasuna. Cunha tarefa de centros laterais con remate para carrileiros e dianteiros concluíu a mañá sobre o céspede, que hoxe tamén contou coa participación do meta xuvenil Brais Suárez.

Ao concluír o adestramento, de pouco máis dunha hora de duración, Borja Jiménez facilitou a lista de 23 convocados, entre os que se atopan os canteiráns Noel, Yeremay, Trilli e Alberto.

Finalizado o choque de Copa do Rei, o cadro adestrarase de novo mañá venres 17 de decembro en ABANCA-RIAZOR ás 19.00 horas, a porta pechada.