Sete sesións de traballo e primeiro amigable na semana inicial de pretemporada
O Deportivo completará, desde hoxe luns e nos primeiros seis días de pretemporada, un total de sete adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo, á marxe do primeiro amigable de pretemporada o sábado 23 de xullo ás 19:30 horas en Arteixo. Este choque servirá de inicio á Dépor Xira Integralmotion 2022.
As sesións matinais arrincarán ás 10:30 e tan só haberá xornada dobre mañá martes 19 de xullo cun adestramento vespertino ás 19:00 horas.
A planificación semanal de traballo, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 18 de xullo 10:30 h.
Martes 19 de xullo 10:30 h. e 19:00 h.
Mércores 20 de xullo 10:30 h.
Xoves 21 de xullo 10:30 h.
Venres 22 de xullo 10:30 h.
Sábado 23 de xullo 10:30 h. 19:30 h.: Atlético Arteixo - Deportivo, en Ponte dos Brozos (Arteixo) e www.youtube.com/rcdeportivo