RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sete sesións de traballo e un novo amigable na segunda semana de pretemporada do Dépor

Mañá luns 25 de xullo arrinca a segunda semana de pretemporada do Dépor, na que Borja Jiménez dispuxo sete sesións de traballo en Abegondo.

Haberá dous días, martes e xoves, con dobre quenda de adestramento e o venres 29, a sesión será unicamente vespertina.

Ademais, no campo da Magdalena de Vilalba, o sábado 30 de xullo ás 18:30 h. (www.youtube.com/rcdeportivo), será a segunda parada da Dépor Xira Integral Motion 2022. O rival será o Racing Villalbés nun amigable xa clásico no verán deportivista.

Como é habitual, cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, o cadro reunirase para almorzar ás 09:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 25 de xullo
10:30 h.

Martes 26 de xullo
10:30 h. e 19:00 h.

Mércores 27 de xullo
10:30 h.

Xoves 28 de xullo
10:30 h. e 19:00 h.

Venres 29 de xullo
19:00 h.

Sábado 30 de xullo
18:30: Racing Villalbés - RC Deportivo, na Magdalena (www.youtube.com/rcdeportivo)