RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Superioridade manifesta do Xuvenil B sobre o Compostela

O Xuvenil B derrotou con toda xustiza (5-0) ao Compostela en partido da 6ª xornada na liga Nacional disputado no campo 5 de Abegondo.

O equipo deportivista culminou un bo partido, sempre co control do xogo. Os santiagueses apenas inquietaron a meta branquiazul e dispuxeron tan só dunha ocasión de gol.

Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Xuvenil B suma 12 puntos e instálase no grupo de cabeza da clasificación.

Xuvenil B: Losada, Litos, Pedro, One, Pablo, Barbeito, Ernesto, Jorge, Paulo, Rojo e Iñaki. Tamén xogaron: Borja, Bruno, Pichu e César.

En dous días, concretamente o sábado 14, o Xuvenil B afronta a 7ª xornada de liga coa visita ao Coruxo, ás 16:00 no campo de Fragoselo.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Pablo López son os seguintes.

Boiro 3 - Xuvenil B 2 (César e Rojo)
Xuvenil B 8 (Rojo -3-, Julián -2-, Pichu, Paulo e César) - Ourense 0
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil B 1
Xuvenil B 2 (Rojo -2-) - Arosa SC 1
Choco 1 - Xuvenil B 2 (Rojo e Paulo)
Xuvenil B 5 (Rojo -2-, Litos, Borja e Bruno) - Compostela 0