RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Suspendido o encontro do Cadete B por deficiencias na iluminación do campo da Leyma

O encontro do Cadete B ante o Ural B, correspondente á xornada 17ª do grupo norte da Liga Galega, foi suspendido no descanso, ao que se chegou con 0-0, debido a deficiencias na iluminación do campo coruñés da Leyma.

Agora, será o Comite de Competición o que terá que fallar e, de acordo co Ural, fixar un novo día e hora para a continuación do encontro.

Así pois, o Cadete B segue con 30 puntos provisionalmente na quinta praza do grupo.

O Cadete B formou onte de inicio con: Ríos, Fika, Bocija, Álvaro, Buján, Xavi, Sergio, Padín, Hugo, Jorge e Iago.

Á espera de coñecer a nova data, a vindeira fin de semana o Cadete B visita ao Xuventude de Oroso. 

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) .- Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2
Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija)
Cadete B 1 (Álex Espeso) - Atlético Coruña Montañeros 3
Escola Estrada Fútbol Base 3 - Cadete B 5 (Nils, Álex, Hugo e Mouriño -2-)
Cadete B 1 (Hugo) - Victoria B 2
Conxo 0 - Cadete B 3 (Xavi e Hugo -2-)
Cadete B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - Bertamiráns B 1
Ural B - Cadete B (suspendido)